24 may 2016

Experiencia de Laura González Rodríguez



Boas, o país no que realizo as prácticas é no noso país veciño, Portugal, nun pobo chamado Melgaço.

Estou encantada de vivir esta experiencia no país veciño nunha escola infantil chamada Santa casa da Misericordia, a cal conta con aulas para nenos/as dende 0 anos ata os 5 anos. Esta escola infantil conta tanto con educación formal como informal (actividades de tempo libre) polo que para min é unha sorte poder traballar nos dous ámbitos, aínda que me centre máis no formal.

Dende o primeiro momento acolléronme moi ben e a verdade adapteime moi ben tanto aos nenos/as, as compañeiras como a forma de traballar; porque aínda que a distancia entre un país e outro sexa a mínima presentan bastantes diferenzas.Unha das diferenzas que atopei bastante importante con España é que a escola conta con bastante persoal por aula (4 persoas nas aulas de 0-1 e 1-2 anos e con 3 persoas nas aulas de 2-3, 3-4 e 4-5).



O realizar as prácticas en Portugal ten a vantaxe de que cando non sabes como explicar ou dicir algo en portugués dicilo en galego e enténdente sen problema, sen contar que esta escola conta con nenos/as españois xa que a distancia entre o lugar onde se atopa a escola e a provincia de Pontevedra é de menos de 10 minutos




           
Na foto lendo un conto na aula de 1-2 anos coa profesora Fatinha.





Un saúdo e bicos dende Portugal.

26 abr 2016

EXPERIENCIAS DAS COMPAÑEIRAS QUE ESTÁN DE PRÁCTICAS



Marta e Belén escriben:

"Ola!!
De parte de Marta Losada e Belén Alba, un par de fotos na entrada do noso traballo.

Como vedes aquí en Kauhajoki (Finlandia) fai moito frío, pero iso non nos quita as ganas de disfrutar e aprender.

Nos, as dúas, traballamos nun complexo hospitalario que se divide en diferentes áreas: centro de saúde, urxencias, ingresados, laboratorio, dentistas, e Intervalli. Neste último é no que a nosa función como TAPSD é moi destacable, esta área trata a persoas que foron ingresadas anteriormente, unha vez dadas de alta, antes de irse ao seu domicilio ou residencia, están dúas semanas de rehabilitación e coidados nunha "mini residencia" onde lles axudan no proceso de adaptacion para voltar a súa vida habitual. Dependendo do estado das persoas poden estar dúas semanas no Intervalli, dúas semanas na casa e volver outras dúas a esta área, así ata recuperar toda a súa autonomía. Nesta área encontramos talleres, actividades, exercicios e coidados de hixiene e da casa.

A verdade é moi diferente, comparando o traballo en España, xa que teñen moito personal por cada paciente tanto ingresado como na "mini residencia". O trato coas persoas é inmellorable e a pesar de que aquí a vida é moi diferente pouco a pouco imos adaptándonos.

Un saúdo e besos moi grandes desde Finlandia!









19 abr 2016

Dámaris, tamén nos conta a súa experiencia no programa Erasmus +

Dámaris enviou a seguinte mensaxe, con foto incluída

"Aquí, en Polonia todo é moi diferente, aínda que o clima e as xentes somos parecidos.

Eu teño a sorte de traballar en Ostoja, un centro de atención a persoas con diversidade funcional. No centro temos varios talleres (carpintería, fotografía, inserción laboral, arte terapia, manufactura, cerámica, ximnasio, habilidades persoais, cestería e xardín, limpeza, cocina...). Eu, por agora, paso o tempo rodeada destes participantes. Apórtanme as alegrías das mañas dos luns e a magoa de irme os venres. A verdade é que conforme pasan os días enténdome mellor con eles e eles a min tamén me entenden mellor. Eu esfórzome en falar en polaco e eles preguntan polo galego e o castelán. Pasamos as horas rodeados de cores e cheíños de pintura.

Este centro é pioneiro, no que eu coñezo, e estou moi contenta co ben que me acolleron.

A verdade é que todos os cambios, as veces, non son tan doados, pero todos os cambios e todas as experiencias que teñamos a sorte de vivir ao longo da nosa vida benvidas sexan. E como bos galegos somos aventureiros e viaxantes. Un día elixín irme e facer noutro pais as prácticas. E cando volva para a miña terra eles tamén viran comigo.

Un beso dende Ostoja de Marta, Boitrek, Ivonna, Irene, Alexandra, Annia, Evelina, Adam, Marta, Martin e eu (Dámaris)
"

Foto e experiencia primeiros 15 días de Eva Fernández e Rosa Maria Marquez

Esta é a mensaxe que nos enviaron as nosas compañeiras dende Portugal, tamén nos envían unha fotografía

"Ola
Despois de 15 días de Erasmus+ en Vila Nova de Famaliçao, Portugal, podemos dicir que a acollida do Centro educativo foi moi boa.

En referencia ao lugar onde facemos as prácticas chamase "Centro Social de Calendario", é unha residencia e centro de día de persoas maiores (Lar de idosos). Nos primeiros días observamos como funcionaba e decidimos pedir cambio de horario, actualmente entramos ás 7;00 e saímos a ás 15;00. Falando coa titora da empresa, sobre a nosa titulación decidimos que dependendo da semana teremos un horario e unha área, para aprender máis, Faremos as prácticas en axuda a domicilio, residencia na quenda de maña e na de tarde e no centro de día (animación).

Un saúdo



Eva y Rosa"

12 abr 2016

ALUMNAS/OS DO PORTOVELLO EN PRÁCTICAS NO EXTRANXEIRO



Os/as  nosas compañeiras dos ciclos de APSD (Atención a persoas en situación de dependencia) e EI (Educación Infantil) están a realizar as súas prácticas no estranxeiro.

Son nove alumnas/os de APSD: 3 en Finlandia, 2 en Potensa e 1 en Catania (Italia), 2 en Portugal e 1 en Polonia.

Do ciclo de EI, hai 4 alumnas/os: 2 en Portugal e 2 en Finlandia


Seguro que en breve temos máis noticias para contarvos e máis fotos para incorporar a esta nova.




Cantos cambios nun mes

Dende a última publicación neste blog, producíronse moitos cambios.

Paulo e Vitor, os dous alumnos de Portugal, despois dun mes de prácticas, remataron a súa etapa connosco.

Esperamos que lles resultara moi positiva, tanto a nivel persoal como formativo, e tamén que nos recorden con cariño.


Ademais, o sábado chegaron dúas alumnas finlandesas, Ebeliina e Mila, que realizarán as prácticas durante as seguintes semanas. 
Milla xa coñece o noso centro, encargáronse de amosarllo as alumnas/os de 1º de APSD.

1 mar 2016

Acollemento alumnos portugueses


Estes días están connosco dous alumnos de Portugal, Paulo e Vitor.

Ambos realizan estudos de comercio na Escola Professional de Comercio Externo de Porto, estarán connosco durante catro semanas (dende o 22 de febreiro ao 18 de marzo), desenvolvendo as prácticas de estudos coa Asociación de empresarios do Couto.

Esperamos que sexa unha experiencia moi agradable.


Presentación de Finlandia aos alumnos de APSD do centro.

Están connosco dúas alumnas de Finlandia, Peppi e Liinu, para realizar as prácticas en Geriatros, durante seis semanas.
Aproveitando esta estancia, elas e dous compañeiros seus (Manu e Sofia), que están na Carballeira, viñeron explicarnos diferente información sobre o seu país: características, cultura, sistema educativo...

Deixámovos unha foto dos catro, do día que chegaron a Ourense