20 may 2015

Erasmus+: Intercambio Xuvenil en Londres "European Youth Future"

O programa Erasmus+ pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos no estranxeiro.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado é socia no proxecto “European Youth Future”, que organiza a ONG NIKOLA (New  International Company of Live Arts), con domicilio en Londres (Reino Unido). 
Obxectivos: O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 45 mozos e mozas de 7 países da Unión Europea terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: debates, xogos de rol, obradoiros e visitas a diferentes asociacións e organizacións xuvenís da cidade. 
Os mozos e mozas que estean motivados a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados en postos de traballo no campo das artes e que queiran contribuír a dar forma á sociedade, serán os beneficiados desta acción.
Países participantes: Reino Unido, Italia, Francia, España, Turquía, Polonia e Bulgaria.
Datas de realización do intercambio: do 24 ao 30 de xuño de 2015.
Destinatarios: mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe.
Prazas: 4 prazas 
Prazo de inscrición: do 18 ao 22 de maio de 2015.
Cota de participación FEE: 100 € (serán pagados á organización de acollida no momento do inicio do intercambio no país de acollida).
Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización NIKOLA (facilitaranse datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe.
PARA MÁIS INFORMACIÓN VISITAR A PÁXINA WEBhttp://xuventude.xunta.es/2015051816172/erasmus-intercambio-xuvenil-en-londres-qeuropean-youth-futureq.html

7 may 2015

II Convocatoria mobilidade alumnado para facer FCT no estranxeiro de setembro a decembro 2015

Saíu publicada unha nova convocatoria de mobilidade dirixida ao alumnado de ciclos superiores para realizar a FCT no estranxeiro de setembro a decembro de 2015.
O prazo de solicitudes rematará o 15 de maio.
Para máis información, remitirse á páxina web do cifp portovello.

http://www.cifpportovello.es/files/MOBILIDADE/II_BASES_ALUMNADO_Erasmus1415-Consorcio.pdf

6 may 2015

Próxima convocatoria de prazas de mobilidade para alumnado de ciclos superiores





Próxima convocatoria de prazas de mobilidade Erasmus Plus dirixidas ao alumnado de ciclos  superiores. 
O prazo de solicitude será  ata o 15 de maio.
Publicaranse a prazas vacantes próximamente na páxina web do centro CIFP Portovello na sección de mobilidade.