19 abr 2016

Dámaris, tamén nos conta a súa experiencia no programa Erasmus +

Dámaris enviou a seguinte mensaxe, con foto incluída

"Aquí, en Polonia todo é moi diferente, aínda que o clima e as xentes somos parecidos.

Eu teño a sorte de traballar en Ostoja, un centro de atención a persoas con diversidade funcional. No centro temos varios talleres (carpintería, fotografía, inserción laboral, arte terapia, manufactura, cerámica, ximnasio, habilidades persoais, cestería e xardín, limpeza, cocina...). Eu, por agora, paso o tempo rodeada destes participantes. Apórtanme as alegrías das mañas dos luns e a magoa de irme os venres. A verdade é que conforme pasan os días enténdome mellor con eles e eles a min tamén me entenden mellor. Eu esfórzome en falar en polaco e eles preguntan polo galego e o castelán. Pasamos as horas rodeados de cores e cheíños de pintura.

Este centro é pioneiro, no que eu coñezo, e estou moi contenta co ben que me acolleron.

A verdade é que todos os cambios, as veces, non son tan doados, pero todos os cambios e todas as experiencias que teñamos a sorte de vivir ao longo da nosa vida benvidas sexan. E como bos galegos somos aventureiros e viaxantes. Un día elixín irme e facer noutro pais as prácticas. E cando volva para a miña terra eles tamén viran comigo.

Un beso dende Ostoja de Marta, Boitrek, Ivonna, Irene, Alexandra, Annia, Evelina, Adam, Marta, Martin e eu (Dámaris)
"

No hay comentarios:

Publicar un comentario