24 may 2016

Experiencia de Laura González Rodríguez



Boas, o país no que realizo as prácticas é no noso país veciño, Portugal, nun pobo chamado Melgaço.

Estou encantada de vivir esta experiencia no país veciño nunha escola infantil chamada Santa casa da Misericordia, a cal conta con aulas para nenos/as dende 0 anos ata os 5 anos. Esta escola infantil conta tanto con educación formal como informal (actividades de tempo libre) polo que para min é unha sorte poder traballar nos dous ámbitos, aínda que me centre máis no formal.

Dende o primeiro momento acolléronme moi ben e a verdade adapteime moi ben tanto aos nenos/as, as compañeiras como a forma de traballar; porque aínda que a distancia entre un país e outro sexa a mínima presentan bastantes diferenzas.Unha das diferenzas que atopei bastante importante con España é que a escola conta con bastante persoal por aula (4 persoas nas aulas de 0-1 e 1-2 anos e con 3 persoas nas aulas de 2-3, 3-4 e 4-5).



O realizar as prácticas en Portugal ten a vantaxe de que cando non sabes como explicar ou dicir algo en portugués dicilo en galego e enténdente sen problema, sen contar que esta escola conta con nenos/as españois xa que a distancia entre o lugar onde se atopa a escola e a provincia de Pontevedra é de menos de 10 minutos




           
Na foto lendo un conto na aula de 1-2 anos coa profesora Fatinha.





Un saúdo e bicos dende Portugal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario