23 oct 2014

Next Station: Wroclaw



Este mes de Outubro, 3 persoas do CIFP Portovello, Mayte, Valeria e Iván, estudantes de ciclos medios, desprazáronse a Polonia para realizar o módulo de FCT no estranxeiro. 

Acompañadas dunha das súas profesoras, Mari Carmen Guardado, coñeceron a cidade e o lugar de traballo no que estarán até o mes de decembro. 
Grazas ao programa de mobilidade Leonardo Next Station II, con elas, sumamos xa 16 alumnas e alumnos, que nos últimos dous anos, disfrutaron da oportunidade de realizar as súas prácticas profesionais noutro país. 

Este curso académico, haberá novas oportunidades de mobilidade para todo o alumnado de ciclos medios, co novo programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Europa Next Station: Vocational Training Network.
De esquerda a dereita: Valeria, Iván, Mayte e Mari Carmen

No hay comentarios:

Publicar un comentario