4 feb 2014

Are you intercultural?



El formador del alumnado de las bolsas Leonardo, nos presenta esta interesante herramienta:

O Consello de Europa pon á nosa disposición esta ferramenta on-line, ARE YOU INTERCULTURAL?, para botar unha ollada ás nosas competencias interculturais dun xeito lúdico, e coa intención de poder recoñecer os puntos ondes estamos máis fortes, e aquelas áreas nas que precisamos desenvolvernos un pouco máis.

Os principais compoñentes da competencia intercultural - actitudes, habilidades e coñecementos - preséntanse acompañados de ilustracións e preguntas para apoiar a reflexión e para poder visualizar mellor os contextos reais nos que nos acontecen situacións que poñen a proba as nosas competencias. Polo xeral, só percibimos os compoñentes da competencia intercultural naquelo que facemos ou dicimos. Ademáis todos os elementos están relacionados entre sí: os coñecementos que temos sobre o mundo e sobre as persoas condicionan as nosas actitudes, e ao mesmo tempo a nosa actitude inflúe nas habilidades que empregamos e nos coñecementos nos que fundamentamos o noso comportamento.

Tamén é importante ter en conta que o desenvolvemento das habilidades e a adquisición de coñecementos só pode apoiar o desenvolvemento da competencia intercultural se temos as actitudes correctas, e a vontade de empregar os coñecementos e as habilidades que adquirimos con ese obxectivo. Por iso esta actividade está pensada para escoller un momento no que teñamos algo de calma e, sobre todo, para tentar de percibirse a un mesmo no contexto no que están as persoas das ilustracións, ou en situación semellantes nas que estiveramos rodeados por persoas doutros lugares, con linguas, culturas e relixións diferentes, ou tamén con persoas cun estatus socio-ecoómico ou cultural diferente ao noso. Tratade de pensar en encontros interculturais que tiverades, ou en xeral, en situacións nas que participaran outros. Tentade lembrar que sentistedes, como vos comportastedes e que aprendistedes.

Ao rematar coa actividade teredes una valoración do lugar no que estades en relación ao desenvolvimento das vosas compertencias interculturais.

Esta ferrramenta atopase en inglés e francés:

No hay comentarios:

Publicar un comentario