10 ene 2013

Concocatoria pública CIFP Portovello

DESCRICIÓN: Búscase unha persoa para impartir un curso de preparación lingüística e cultural no CIFP Portovello durante o curso 2012-2013 dirixido a un máximo de 10 alumnos/ás e 3 profesores.
DESTINATARIOS-REQUISITOS: O candidato debe reunir:
      1. Ter algún titulo ou títulos oficiais que acrediten a competencia no idioma (Neste caso obrigatoriamente inglés, sendo non obrigatorio pero puntuable, o portugués)
      2.  Ter vivido (traballo e/ou estudos) fóra de España polo menos durante 6 meses. Non e obligatorio, pero puntuarase o ter vivido en algún país dos propias da mobilidade a levar a cabo (Finlandia e Portugal
      3. Estar en posesión dalgún título de FP superior ou/e universitario (diplomatura, licenciatura, grao.
      4. Presentar unha breve programación do curso a impartir, persoal e libre (máximo 8 folios) onde como mínimo se recolla: obxectivos a conseguir, contidos, unha descrición das actividades a realizar e unha temporalización das mesmas. (como máximo impatiránse 3 horas semanais).
      5. Non será obrigatorio, pero puntuarase positivamente a posesión Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP.) e/ou título de Máster en Formación do Profesorado.
      6. Non será obrigatório, pero puntuarase positivamente non ter emprego remunerado.
DOTACIÓN: A dotación económica será de 900 euros brutos.
DURACIÓN: O curso de impartirá dende o 15 de Febreiro ata o 31 de Maio durante o período lectivo.
DOCUMENTOS A PRESENTAR:
1. Ficha de solicitude (presentación e maquetación libre), onde consten os datos persoais e unha relación dos documentos entregados.
2. En caso de estar desempregado, documento que acredite esta situación 

3. Título ou títulos oficiais do idioma/s requiridos.
4. Declaración de ter vivido fóra de España durante polo menos 6 meses (presentación e maquetación libre). Se é posible, achegar documentos oficiais.
5. Programación persoal do curso
6. Título de FP Superior ou título universitario.
7. En caso de que se posúa, Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP.) e/ou título de Máster en FP
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: será a secretaría do CIFP Portovello (cale Luis Trabazos, As Lagoas, en fronte da EOI, Ourense)
Os candidatos deben presentar os documentos antes do día 25 de Xaneiro, ás 14:00 horas.
PROCESO DE SELECCIÓN:A selección da persoa realizarana os titores de FCT dos alumnos que realizarán as movilidades, baseándose nos requisitos anteriormente descritos.

MÁIS INFORMACIÓN: 988232649 (Ana: coordinadora programas europeos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario