19 abr 2016

Dámaris, tamén nos conta a súa experiencia no programa Erasmus +

Dámaris enviou a seguinte mensaxe, con foto incluída

"Aquí, en Polonia todo é moi diferente, aínda que o clima e as xentes somos parecidos.

Eu teño a sorte de traballar en Ostoja, un centro de atención a persoas con diversidade funcional. No centro temos varios talleres (carpintería, fotografía, inserción laboral, arte terapia, manufactura, cerámica, ximnasio, habilidades persoais, cestería e xardín, limpeza, cocina...). Eu, por agora, paso o tempo rodeada destes participantes. Apórtanme as alegrías das mañas dos luns e a magoa de irme os venres. A verdade é que conforme pasan os días enténdome mellor con eles e eles a min tamén me entenden mellor. Eu esfórzome en falar en polaco e eles preguntan polo galego e o castelán. Pasamos as horas rodeados de cores e cheíños de pintura.

Este centro é pioneiro, no que eu coñezo, e estou moi contenta co ben que me acolleron.

A verdade é que todos os cambios, as veces, non son tan doados, pero todos os cambios e todas as experiencias que teñamos a sorte de vivir ao longo da nosa vida benvidas sexan. E como bos galegos somos aventureiros e viaxantes. Un día elixín irme e facer noutro pais as prácticas. E cando volva para a miña terra eles tamén viran comigo.

Un beso dende Ostoja de Marta, Boitrek, Ivonna, Irene, Alexandra, Annia, Evelina, Adam, Marta, Martin e eu (Dámaris)
"

Foto e experiencia primeiros 15 días de Eva Fernández e Rosa Maria Marquez

Esta é a mensaxe que nos enviaron as nosas compañeiras dende Portugal, tamén nos envían unha fotografía

"Ola
Despois de 15 días de Erasmus+ en Vila Nova de Famaliçao, Portugal, podemos dicir que a acollida do Centro educativo foi moi boa.

En referencia ao lugar onde facemos as prácticas chamase "Centro Social de Calendario", é unha residencia e centro de día de persoas maiores (Lar de idosos). Nos primeiros días observamos como funcionaba e decidimos pedir cambio de horario, actualmente entramos ás 7;00 e saímos a ás 15;00. Falando coa titora da empresa, sobre a nosa titulación decidimos que dependendo da semana teremos un horario e unha área, para aprender máis, Faremos as prácticas en axuda a domicilio, residencia na quenda de maña e na de tarde e no centro de día (animación).

Un saúdo



Eva y Rosa"

12 abr 2016

ALUMNAS/OS DO PORTOVELLO EN PRÁCTICAS NO EXTRANXEIRO



Os/as  nosas compañeiras dos ciclos de APSD (Atención a persoas en situación de dependencia) e EI (Educación Infantil) están a realizar as súas prácticas no estranxeiro.

Son nove alumnas/os de APSD: 3 en Finlandia, 2 en Potensa e 1 en Catania (Italia), 2 en Portugal e 1 en Polonia.

Do ciclo de EI, hai 4 alumnas/os: 2 en Portugal e 2 en Finlandia


Seguro que en breve temos máis noticias para contarvos e máis fotos para incorporar a esta nova.